domingo, 20 de julio de 2025

Oca de Lingua Galega

 A oca de lingua galega para xogar e aprender! 

Hoxe comparto unha proposta lúdica e didáctica para traballar a gramática en 2º de Primaria: a Oca da Lingua Galega. Trátase dunha adaptación do clásico xogo da oca, na que cada casilla agocha unha premisa relacionada coa expresión oral ou escrita en galego.

O xogo segue as regras tradicionais, pero con un xiro educativo: ao caer nunha casilla, o xogador ou xogadora debe cumprir a tarefa lingüística indicada. Se non o fai correctamente, terá que repetir a casilla na seguinte quenda en lugar de lanzar o dado. Deste xeito, reforzamos a práctica da lingua dun xeito divertido, motivador e participativo.

Un recurso ideal para a aula ou para xogar en familia, aprendendo mentres se xoga. Porque… de oca a oca, e practico porque me toca!


Que vos parece o xogo? empregaríamos este xogo na vosa aula?


Seguimos aprendendo! 







No hay comentarios:

Publicar un comentario