Mostrando entradas con la etiqueta xogo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de febrero de 2026

Entroido

Boas tardes, hai uns anos elaborei un material sobre o entroido en Galicia para traballar co meu alumnado. O resultado foi fantástico, encantoulles, por iso, aos poucos fun ampliando a colección.


Actualmente está formado por:

- Presentación con información.

- Xogo de memoria.

- Caderno para colorear e completar cos datos sobre o nome e a procedencia.

- Caderno para copiar os debuxos.

- Tarxetas para unir o debuxo e o nome. 

 

É importante remarcar que os debuxos do material son de elaboración propia, feitos con moito traballo e cariño, polo que espero que apreciedes o material. 

 

Déixovos por aquí algunhas fotos do material e tedes os arquivos en pdf ao final do post. 




Que vos parece? 


Seguimos aprendendo!


Información Entroido Galego 


Caderno colorear 


Caderno debuxo 


Tarxetas para unir co nome 


Xogo de memoria




miércoles, 29 de octubre de 2025

Samaín

Ola a todos e a todas!

Aínda que vou un pouco tarde, comparto con vós o material que elaborei estes últimos cursos para traballar o Samaín e o outono na miña aula.  

- Unhas fichas para cubrir coa vocal que falta e para arrodear segundo o número de sílabas.

- Un chaveiro con vocabulario (en maiúsculas e minúsculas) para leer, arrodear ou colocar unha pinza. 

- Un taboleiro para realizar historias creativas.

- Unhas tarxetas para escribir a palabra autocorrexibles. Estas tamén as empregamos en 2º para escribir oracións (os desusos desde material son originas, elaborados por min). 

- Uns taboleiros do 3 en raia para xogar. 

- Unhas plantillas para escritura creativa. 

Deixo algunhas fotos! 


Espero que vos guste! 

Seguimos aprendendo! 

Descargar taboleiro historias creativas 

Tarjetas outono minúsculas 

Tarxetas outono maiúsculas 

Tarxetas vocabulario Samaín 

Plantillas escritura Samaín/ Halloween 

Xogo 3 en raia 

domingo, 20 de julio de 2025

Oca de Lingua Galega

 A oca de lingua galega para xogar e aprender! 

Hoxe comparto unha proposta lúdica e didáctica para traballar a gramática en 2º de Primaria: a Oca da Lingua Galega. Trátase dunha adaptación do clásico xogo da oca, na que cada casilla agocha unha premisa relacionada coa expresión oral ou escrita en galego.

O xogo segue as regras tradicionais, pero con un xiro educativo: ao caer nunha casilla, o xogador ou xogadora debe cumprir a tarefa lingüística indicada. Se non o fai correctamente, terá que repetir a casilla na seguinte quenda en lugar de lanzar o dado. Deste xeito, reforzamos a práctica da lingua dun xeito divertido, motivador e participativo.

Un recurso ideal para a aula ou para xogar en familia, aprendendo mentres se xoga. Porque… de oca a oca, e practico porque me toca!


Que vos parece o xogo? empregaríamos este xogo na vosa aula?


Seguimos aprendendo!