Boa tarde! Como o ano pasado actualizo os cadernos de titoría, PT e AL para este curso, os podedes descargar
Por un lado, o caderno de titoría está completamente en galego e ten os seguintes apartados:
- Portada
- Horario
- Conmemoracións
- Planificación mensual
- Planificación semanal
- Rexistro de asistencia
- Rexistro de autorizacións
- Grupos colaborativos
- Rexistro de aula (incluín páxina de aniversarios)
- Programacións e seguimento (estilo PROENS)
- Reunións (dous tipos)
- Non te esquezas de nada! (apartado de notas e de recursos)
Por outra banda, o caderno de AL e de PT son moi similares, tamén están ambos en lingua galega, o único cambio que levan son os rexistros individualizados do alumnado. Polo que os cadernos conteñen os seguintes apartados:
- Portada
- Horario
- Conmemoracións
- Planificación mensual
- Planificación semanal
- Rexistro do alumnado
- Reunións
Para AL:
- Rexistro de NEAE (avaliación e rexistro das alteracións da fala)
- Rexistro de NEE (avaliación e rexistro do sistema de CAA)
- Rexistro para Obradoiro da Linguaxe
Para PT:
- Rexistro e avaliación dos contidos curriculares e posible sistema de CAA
Están unidos nun mismo documento, para que cada docente escolla a portada e as páginas que máis se axusten a súa realidade de aula.
Amais das páxinas especificadas, o caderno ten:
- Planificación trimestral (obxectivos xerais)
- Organización e rexistro das sesións
- Avaliación trimestral
- Faltas de asistencia
A idea é imprimir tantos Rexistros individualizados como alumnado este a ser intervido en AL ou PT
Qué vos parecen? Ides a descargarlos? Tedes tamén os marcapáxinas dispoñibles en 2 versións: todos de cor marrón como a portada ou de cores como no interior. Engadín algúns en branco por se queredes identificar algunha outra lapela.
Encantaríame saber as cosas opinións!! Se me da tempo os actualizarei en castelán... Pero non prometo nada!
Seguimos aprendendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario