Boas a todos e a todas!
Hoxe comparto os cadernos de ciencias sociais e naturais para 1º ciclo, irei ampliando cada vez que cree máis para o meu alumnado. Os cadernos teñen os pictogramas de Arasaac polo que tamén os atoardes na súa web.
A idea dos cadernos e introducir a temática e unir os conceptos traballando con material manipulativo e libros, tarxetas ou táboas para a investigación.
Actualmente os cadernos dispoñibles de Ciencias Sociais son relativos a estas temáticas:
- Dinosaurios 1º.
- Reciclaxe 1º e 2º.
- Educación Vial 2º.
- Sinais 2º .
- O noso planeta 1º .
- O sistema solar 2º (baseado no caderno de "A mestra Cris").
- Feitos importantes da nosa vida 2º .
- O paso do tempo 1º .
- Profesións 1º.
- A liña do tempo 1º e 2º.
Os de Ciencias Naturais:
- Seres vivos e inertes 1º.
- Animais 1 e 2 (1º e 2º)
- Plantas opción 1 e opción 2 (pauta montessori) 1º e 2º.
- Clasificación das follas 2º.
- Reciclaxe 1º e 2º.
- Pensamento computacional desenchufado 2º (máquinas).
- Deseñamos un produto (2º máquinas)
- Materiais e as súas propiedades 2º .
- Mesturas 1 e 2 (teoría e caderno de investigación).
Que vos parecen? Considerades que é un recurso útil para as vosas aulas?
Seguimos aprendendo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario